A historia da electricidade refírese ao estudo e uso humano da electricidade, ao descubrimento das súas leis como fenómeno físico e á invención de artefactos para o seu uso práctico.
Como tamén se denomina electricidade á rama da ciencia que estuda o fenómeno[1] e á rama da tecnoloxía que o aplica, a historia da electricidade é a rama da historia da ciencia e da historia da tecnoloxía que se ocupa do seu rexurdimento e evolución. O fenómeno da electricidade estudouse desde a antigüidade, pero o seu estudo científico comezou nos séculos XVII e XVIII. A finais do século XIX, os enxeñeiros lograron aproveitala para uso doméstico e industrial. A rápida expansión da tecnoloxía eléctrica converteuna na columna vertebral da sociedade industrial moderna.[2]
O fenómeno en si, fóra da súa relación co observador humano, non ten historia; considerándoa como parte da historia natural, tería tanta como o tempo, o espazo, a materia e a enerxía.